lunes, 19 de julio de 2010

Preludio

Egoista...
vamos a analizar a palabra...
que é ser egoista?
egoista é ser egocentrico, acaparador, codicioso...

domingo, 18 de julio de 2010

metafase

Alusións a momentos imperecedeiros
porque se quedan gravados na memória..
A felicidade ven por golpiños de benestar..
E como din, o bo trabállase a doses reducidas...



viernes, 16 de julio de 2010

o abacaxi vai arrincando...

E a vida é...
E a vida é unha serie de contradiccións
contradiccións que levan a desenganos
e os desenganos promoven dores dispares
dores que sacian o apetito
máis que sería a vida sen desenganos?
vivenzas transcurridas sen ter aprendido
sen ter aprendido... ¿que sentido tería todo?
seríamos autómatas da conducta...
entón dizer:
¡que vivan os desenganos!

miércoles, 14 de julio de 2010

páxariños na cabeza

Cómo podes sin mais...¿limitarte a esperar?

¿Esperar a qué?

¿a alguén?

É coma unha demora finita que se fai eterna, case perenne...


E os días transcorren e as horas e os minutos e os segundos vanse escurrindo polas comisuras das mans entreabertas e tratar de mantela mente entretida con actividades cotidianas calma pero non sacia.

E saber que hai que afrontar a pesadez dos cometidos que menos complacen. Isto poderiase aplicar a maioria das mentes humanas que circulan pola terra...

E sucede que nos deixamos levar sempre pola brisa dos acontecementos que van marcando a vida de cada un...

E poderíamos, por qué non brindar pola crítiza feroz do inesperto, do que xuzga e non quere ser xuzgado; impasible, mente influenciable tan endeble, fráxil, indecisa e insegura de si mesma sempre creu estar errada...

E volta, das secuencias de ideas que viaxan pola minha mente inconexa.

.......Siguen transcurrindo os días..


Canto paxaro na cabecinha...non había quen a baixara das árbores...